segunda-feira, 31 de janeiro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Febreiro

Ai, o Amor!

 
Contacontos:
Para maiores de 3 anos. Sesións ás 18h.
  • Mércores 2: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 3: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 14: Local social de Aguapesada
  • Martes 15: Local social de Bugallido
  • Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro
Obradoiros:
Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
  • Mércores 9 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 10 na Biblioteca do Milladoiro
Inscricións: do 24 de xaneiro e 5 de febreiro nas bibliotecas.

Entroido:
O sábado 5 de marzo celebrarase o entroido no noso concello. Se queres participar na comparsa da biblioteca poderás inscribirte até o 14 de febreiro.

A Noticia na web municipal

sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

Visitas escolares


Entre os meses de xaneiro e abril contaremos con visitas escolares das escolas do concello á biblioteca.

Estas visitas teñen a finalidade de dar a coñecer a biblioteca e os seus fondos á poboación escolar e fomentar o uso da mesma.

A actividade vai dirixida ao alumnado dos cursos de 2º, 4º e 6º de Primaria e preténdese que sexa periódica de maneira que todo o alumnado poda pasar en algún momento da súa vida escolar pola biblioteca para coñecela.

As actividades son diferentes dependendo do curso, pero en todas se explicará o funcionamento da biblioteca: como se organizan os fondos e como se recuperan os documentos buscando no catálogo e localizándoo nos estantes; os códigos de cores por idades dos documentos; os distintos tipos de materais cos que contamos... Pero, ademais das explicacións teóricas, aprenderán con xogos de pistas nos que terán que recuperar información que os leve a determinado documento onde contarán con novas pistas...

Os colexios participantes acudirán á súa biblioteca máis próxima, desta maneira os CEIP de Barouta, A Maía e Agro do Muíño visitarán a biblioteca de Bertamiráns, mentres que o CEP de Ventín visitará a biblioteca do Milladoiro.
As visitas serán as seguintes:
  • 6º de Primaria: entre o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro
  • 4º de Primaria: entre o 21 de marzo e o 1 de abril
  • 2º de Primaria: entre o 4 e o 29 de abril
Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados. 

A noticia na web municipal

segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

Actividades de Animación á lectura no mes de Xaneiro

Mes da Paz:



Contacontos:
Para maiores de 3 anos. Sesións ás 18h.
  • Luns 17: Local social de Aguapesada
  • Martes 18: Local social de Bugallido
  • Mércores 19: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 20: Biblioteca de Bertamiráns

Obradoiros:
Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
  • Mércores 26 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 27 na Biblioteca do Milladoiro
Inscricións: do 10 ao 22 de xaneiro nas Bibliotecas.

Adianto de próximas actividades:

Visitas escolares: entre os meses de xaneiro e abril contaremos con visitas escolares á biblioteca en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados. Desculpen as molestias.

Febreiro: mes do amor. Os obradoiros deste mes, para maiores de 8 anos,  serán os días 9 e 10 de febreiro. O prazo de inscrición será entre os días 24 de xaneiro e 5 de febreiro nas bibliotecas.

Entroido: o próximo sábado 5 de marzo será a celebración do entroido no noso concello. Se queres participar na comparsa da biblioteca poderás inscribirte entre os días 24 de xaneiro e 14 de febreiro.

segunda-feira, 3 de janeiro de 2011

Cabalgata de Reis 2011


 A Biblioteca participará o mércores 5 de xaneiro nas Cabalgatas de Reis que se realizarán:
  • No Milladoiro ás 17,30h. co percorrido desde a Casa da Cultura do Milladoiro á Praza de Manuel Murguía
  • En Bertamiráns ás 19h. co percorrido desde o Pazo da Peregrina á Praza de Chavián.
As persoas que participan coa biblioteca na cabalgata deberán estar media hora antes da cabalgata para prepar os disfraces:
  • Milladoiro: ás 17h. na Casa da Cultura
  • Bertamiráns ás 18,30h. no Pazo da Peregrina
En caso de chuvia as dúas cabalgatas trasladaranse aos respectivos pavillóns polideportivos.

Nota Importante:
Con motivo da participación nas cabalgatas as Bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.

Aviso

O día 5 de xaneiro as bibliotecas estarán pechadas ao público en horario de tarde.

Con motivo da participación na cabalgata de reis do 5 de xaneiro, no Milladoiro e en Bertamiráns, as bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.