Do 1 de Setembro de 2010 ao 30 de Xuño de 2011
De luns a venres:
Mañás: de 10 a 13h.
Tardes: de 16,30 a 21h.
Sábados:
Mañás: de 11 a 14h.
"A historia de Lucía que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou, pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…"
Esta semana a biblioteca do Milladoiro recibirá a visita da Escola de Verán.
Os rapaces matriculados na escola convertiranse nos protagonistas da biblioteca por un par de días. Tres grupos diferentes pasarán pola biblioteca os días 11 e 12 de agosto.
Os primeiros serán os rapaces de entre tres e seis anos, que conforman un grupo de 40, e que virán o mércores 11; os seguintes serán 20 rapaces de entre seis e sete anos que acudirán o xoves 12.
Ambos os dous grupos terán a oportunidade de desfrutar dunha sesión de contacontos na se narrarán entre outros:
Desta maneira convertemos estas sesións nunha despedida da temática que nos acompañou todo este curso: o mar.
E, como non podería ser de outra maneira, ao acabar o contacontos terán a oportunidade de realizar un obradoiro e de mergullarse entre os libros que a biblioteca ten sempre á súa disposición.
O xoves 12 será tamén o turno dos nenos e nenas de entre oito e doce anos. A este grupo explicaráselle o funcionamento da biblioteca: as normas de préstamo, a ordenación do fondo, a elaboración das etiquetas, o que precisan para facerse socios…E despois desta explicación, que como sempre, presentarase dunha forma lúdica e amena, eles mesmos se convertirán en bibliotecarios durante un tempo. Rematarán a visita escoitando o conto Rosa Blanca de Roberto Innocenti, que é considerado un texto indespensable para abordar o tema da paz. Despois desta lectura os participantes divertiranse cun xogo no que a paz tamén é o tema fundamental.
Con estas visitas, a biblioteca pretende seguir traballando cara a consecución dun dos seus obxectivos fundamentais, o fomento do hábito lector entre os máis novos e tamén intenta dar a coñecer os seus servizos entre os veciños.
Como ven sendo habitual, nestes últimos anos, os participantes noutros servizos municipais, como a escola de Verán, asisten tamén a realizar actividades na biblioteca e a coñecer os servizos que esta oferta para toda a poboación, especialmente a infantil.