terça-feira, 29 de junho de 2010

Estamos no Facebook



Dentro da mellora dos nosos servizos virtuais acabamos de inaugurar páxina no Facebook. Xa podes seguirnos en:

http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Municipal-de-Ames/114875005225367

A partir de agora queremos aproveitar as posibilidades de comunicación desta ferramenta para dar a coñecer os nosos servizos, actividades e noticias relacionadas coa biblioteca a través deste servizo incrementando desta maneira a nosa comunicación cos usuarios e usuarias da Biblioteca.

Ademais desde o propio blog poderás aderirte á nosa páxina e ver os nosos seguidores.

segunda-feira, 28 de junho de 2010

Novo deseño do blog



Despois de dous anos coa mesma presentación queremos aproveitar a chegada do verán para dar unha nova imaxe da nosa carta de presentación en internet: O blog da biblioteca.

O blog adáptase aos novos tempos e ás melloras tecnolóxicas. É por iso que agora que as pantallas son maiores o blog pode “crecer” presentando unha novo columna que permite organizar mellor a información.

Os cambios realizados son os seguintes:
Presentación a tres columnas nas que se reserva a central para as noticias (post) e se divide o contido das dúas laterais. A columna da esquerda presenta información sobre a biblioteca: quen somos, horarios, catálogos... mentras que a columna da dereita resérvase agora para os servizos virtuais ofertados: suscrición ao blog, imaxes de actividades, televisión da biblioteca, calendario de actividades, etc.

A parte inferior do blog está reservado para as opcións de busca: arquivo de noticias ordenadas por data de publicación e busca por temas (etiquetas ou tags) de todo o publicado. Ademais o propio servizo de blogguer, onde está aloxado o blog, permite na parte superior rprocurar dentro do blog.

Continuamos coa cor verde de fondo mantendo a cor da imaxe corporativa do concello.

Noticias ou post:
A columna central está dedicada aos post que agora só se presentan nun máximo de 3 para que o scroll (barra de descenso pola pantalla) non sexa tan grande e se poda chegar con máis rapidez á parte inferior onde están os temas e o arquivo de noticias.

Participación:
O novo deseño está máis integrado nas redes sociais, permite comentar as noticias e ademais valorar se son interesantes ou útiles. Permite enviar as noticias por email e compartilas a través de redes sociais como facebook ou twitter.

Nota:
Para ter unha mellor visualización do blog recomendamos navegar con Firefox. Se non o tes podes descarregalo desde a páxina de Mozilla, ou directamente desde esta ligazón.


Noticia na web municipal.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

Aviso: Horario de Verán

Horario de atención ao público no verán na Biblioteca:

Do 1 de Xullo ao 31 de Agosto

De luns a venres de 10 a 14h.


Lembramos que polas tardes está disponíbel o servizo de bibliopiscinas.


sexta-feira, 18 de junho de 2010

Bibliopiscinas: Móllate na lectura 2010!



Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Coa campaña Móllate na lectura, 2010 queremos levar a lectura, e outros servizos da Biblioteca, aos lugares de ocio do Concello.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que, por oitavo ano consecutivo, queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos cos servizos de lectura de prensa, lectura dentro do recinto, xogos para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos, préstamo de libros a toallas e a domicilio. Todos os días na hora do merenda contaremos coa Hora do conto e un día á semana en cada bibliopiscina teremos Contacontos e actividades.

Contacontos:
  • Martes ás 18h. na Bibliopiscina do Milladoiro
  • Mércores ás 18h. na Bibliopiscina de Tapia
  • Xoves ás 18h. na Bibliopiscina de Bertamiráns

Horarios:

  • Bertamiráns e Milladoiro:

De luns a venres de 16,30 a 20,30h. (fins de semana e festivos pechadas

  • Tapia:

De luns a domingo
Do 1 de Xullo ao 15 de Agosto: de 16,30 a 21h.
Do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.

O Domingo 29 de Agosto remataremos coa celebración da Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia a partir das 16,30h.

A Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

segunda-feira, 7 de junho de 2010

A Miña Famosa Familia

Primeiro programa da serie "A Miña Famosa Familia" da Televisión de Galicia" que busca as curiosas e interesantes orixes históricas de Natalia Vidal Ferro, viciña de Ames. Quen será a súa famosa antepasada?

Parte 1:


Parte 2:


Parte 3:

quarta-feira, 2 de junho de 2010

Cos Libros de Camiño



A Biblioteca dispón, durante o mes de Xuño, dun espazo de libros relacionados co Camiño de Santiago baixo o lema Cos Libros de Camiño.


O Concello de Ames está atravesado por dúas das rutas relacionadas co Camiño de Santiago:

O Camiño Portugués, que atravesa as parroquias de Viduído e o Milladoiro, e o Camiño de Fisterra que percorre as parroquias de Covas, Ames, Trasmonte e Agrón.


No espazo destinado aos camiños de Santiago seleccionamos guías do camiño con información sobre as rutas e recomendacións para o facer, guías de Santiago e obras de literatura, historia, arte e sobre as peregrinacións.


Con esta exposición queremos animar, ás persoas asociadas á biblioteca, a coñecer o noso entorno máis próximo e a iniciarse no deporte e na realización de rutas a pé no noso Concello.


Outros servizos municipais, como Cultura e Deportes, organizan periodicamente rutas de sendeirismo. A Aula de Natureza realiza tamén excursións relacionadas co coñecemento do noso medio natural.


Na web do Concello facilítase información sobre varias rutas, Os Camiños de Santiago, Os Muíños de Riamonte, e outras catro visitas que se poden descarregar e instalar nun navegador GPS. Ver mapa turístico completo.


Precisamente, sobre a Ruta de Riamonte, foi editada unha nova guía informativa co itinerario e información ambiental de interese que se pode conseguir nas dependencias municipais.


As novas tecnoloxías tamén permiten que calquera persoa poida crear e difundir rutas a través de ferramentas sociais da Web 2.0 como Wikiloc. Diego Vila González, usuario da biblioteca, facilitounos a información que creou neste servizo sobre a súa realización da ruta de Riamonte. Pódese consultar nesta ligazón. Ou ver a ruta neste mesmo blog:





A noticia na web municipal