segunda-feira, 30 de agosto de 2010

Aviso: comeza o horario de inverno

Horario de atención ao público na Biblioteca durante o curso escolar 2010-2011:

Do 1 de Setembro de 2010 ao 30 de Xuño de 2011


De luns a venres:

Mañás: de 10 a 13h.
Tardes: de 16,30 a 21h.

S
ábados:
Mañás: de 11 a 14h.

segunda-feira, 16 de agosto de 2010

Festa das Bibliopiscinas 2010



Domingo 29 de agosto de 2010, a partir das 16,30h. na área recreativa de Tapia*
(*En caso de mal tempo as actuacións trasladaranse ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.)

Actividades:

Xogos populares:
De 16,30 a 18h: xogos populares (a rá, zancos...), grandes xogos (paracaídas...) e obradoiros variados.

Contacontos:
De 18 a 19h: A Tropa de Trapo, co espectáculo A Viaxe das Palabras:
"A historia de Lucía que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou, pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…"


Música:

De 19 a 20h: concerto de Pablo Díaz co espectáculo Tic-Tac dirixido ao público infantil.



Pódese seguir a Pablo Díaz en:
Myspace
Facebook
Youtube

Poñemos un dos seus videos para que desfrutedes do espectáculo:



A noticia na web municipal
A noticia en La Voz de Galicia

terça-feira, 10 de agosto de 2010

Visita da Escola de Verán á Biblioteca



Esta semana a biblioteca do Milladoiro recibirá a visita da Escola de Verán.


Os rapaces matriculados na escola convertiranse nos protagonistas da biblioteca por un par de días. Tres grupos diferentes pasarán pola biblioteca os días 11 e 12 de agosto.


Os primeiros serán os rapaces de entre tres e seis anos, que conforman un grupo de 40, e que virán o mércores 11; os seguintes serán 20 rapaces de entre seis e sete anos que acudirán o xoves 12.


Ambos os dous grupos terán a oportunidade de desfrutar dunha sesión de contacontos na se narrarán entre outros:

  • O peixe que gritaba tiburón
  • 1, 2, 3 ¡mar!
  • El pes

Desta maneira convertemos estas sesións nunha despedida da temática que nos acompañou todo este curso: o mar.


E, como non podería ser de outra maneira, ao acabar o contacontos terán a oportunidade de realizar un obradoiro e de mergullarse entre os libros que a biblioteca ten sempre á súa disposición.


O xoves 12 será tamén o turno dos nenos e nenas de entre oito e doce anos. A este grupo explicaráselle o funcionamento da biblioteca: as normas de préstamo, a ordenación do fondo, a elaboración das etiquetas, o que precisan para facerse socios…E despois desta explicación, que como sempre, presentarase dunha forma lúdica e amena, eles mesmos se convertirán en bibliotecarios durante un tempo. Rematarán a visita escoitando o conto Rosa Blanca de Roberto Innocenti, que é considerado un texto indespensable para abordar o tema da paz. Despois desta lectura os participantes divertiranse cun xogo no que a paz tamén é o tema fundamental.


Con estas visitas, a biblioteca pretende seguir traballando cara a consecución dun dos seus obxectivos fundamentais, o fomento do hábito lector entre os máis novos e tamén intenta dar a coñecer os seus servizos entre os veciños.


Como ven sendo habitual, nestes últimos anos, os participantes noutros servizos municipais, como a escola de Verán, asisten tamén a realizar actividades na biblioteca e a coñecer os servizos que esta oferta para toda a poboación, especialmente a infantil.


A noticia na web municipal