terça-feira, 30 de dezembro de 2008

Cabalgata de Reis

A Biblioteca participará o Luns 5 de xaneiro nas Cabalgatas de Reis que se realizarán:
  • No Milladoiro ás 17h. co percorrido desde a Casa da Cultura do Milladoiro á Praza de Manuel Murguía
  • En Bertamiráns ás 19h. co percorrido desde o Pazo da Peregrina á Praza de Chavián.
En caso de chuvia as dúas cabalgatas trasladaránse aos respectivos pavillóns polideportivos.

Con motivo da participación nas cabalgatas as Bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.

terça-feira, 16 de dezembro de 2008

Lepi encarga regalos de nadal para as nenas e os nenos do Concello



Como sabes, a mascota da Biblioteca, Lepi, ten o bo costume de nos agasallar nas datas de Nadal cun libro para facer as delicias de todos os nenos e nenas que gustan da lectura no noso Concello.

Os Reis Magos depositaron os libros hai uns días no Concello e agora serán os paxes reais os encargados de entregarche este agasallo no teu colexio.

En todo caso, Lepi fixo este encargo co desexo de facerche pasar un bo momento coa lectura e para que saibas que na Biblioteca contas con moitas máis historias que poderás ver, ler e escoitar.

Ademais dos libros, a biblioteca dispón doutros materiais que che farán entrar nun mundo de información, de coñecementos e de soños. Poderás gozar da lectura, conectarte á internet e gozar das actividades de animación que se realizan.

Lepi insiste en que lle digas aos teus amigos e amigas, ao teu pai, á túa nai e a toda a familia que na biblioteca tamén hai cousas para eles e que poden pasar a facerse socios, se aínda non o son.

E non esquezas que durante este curso escolar as bibliotecas realizan a campaña de animación Lúas e estrelas para que leas! centrada na astronomía. O Nadal tamén é un bo momento para contemplar as estrelas desde a túa biblioteca.

Un saúdo moi cariñoso
Isabel Pereiro
Concelleira de Educación

PD: os nenos e as nenas que non reciban o agasallo poderán pasar a recollelo nas bibliotecas a partir do día 22 de decembro.




Web Municipal: A Biblioteca agasalla os rapaces e rapazas de Ames cun libro polo Nadal
La Voz de Galicia: Las bibliotecas de Milladoiro y Bertamiráns regalan un libro por Navidad y modifican su horario
El Correo Gallego: La biblioteca de Ames regala a los niños un libro por navidades

Novo horario da Biblioteca a partir do 1 de xaneiro de 2009

A partir do 1 de xaneiro o novo horario de inverno da biblioteca será o seguinte:

De luns a venres:
Mañás de 10 a 13h.
Tardes de 16,30 a 21h.


Sábados:
Mañás de 11 a 14h.

O novo horario afectará á primeira media da tarde que se facía até este momento de 16 a 16,30h. polo que pasa a abrirse a biblioteca en horario de tarde ás 16,30h.