segunda-feira, 26 de maio de 2008
Contacontos con Kalandraka
O xoves 29 de Maio teremos connosco a persoas da editorial Kalandraka que nos traerán contos con música.
A actividade de contacontos estará:
ás 17h. na Biblioteca de Bertamiráns
ás 18,30h. na Biblioteca do Milladoiro
sexta-feira, 16 de maio de 2008
Recursos electrónicos para os socios da Biblioteca
A Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia facilita para os usuarios das Bibliotecas Públicas galegas unha serie de recursos electrónicos aos que se pode acceder desde o domicilio. Trátase principalmente de obras de referencia, e acceso á Hemeroteca e a libros electrónicos.
Estes son os recursos facilitados:
E-junior:
Enciclopedia electrónica dirixida aos escolares de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.
Enciclonet: Extensa enciclopedia electrónica dirixida aos ciclos superiores de ensino e a adultos.
Hemeroteca dixital:
- Iconoce: A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de noticias aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía...
- Prensa histórica: Acceso libre a varias coleccións de prensa histórica dixitalizada. (neste caso non require contraseñas para acceder ao servizo).
Libros electrónicos:
Acceso a obras de referencia en formato electrónico sobre o Antigo Exipto, filosofía, música, relixión e saúde.
Ocenet Saber:
Especificamente feito para bibliotecas, con máis de 200.000 artigos en castelán. Ofrece información de referencia, artígos de revistas e publicacións especializadas, documentos históricos transcritos ou dixitalizados, clásicos literarios, imaxes, cartografía, atlas de anatomía, interactividades, enlaces de Internet e dicionarios.
Ocenet Salus:
Contidos sobre saúde, nutrición e educación en saúde. Ofrece obras de referencia médica, de nutrición, de coidado persoal e de medicinas alternativas, obras formativas, publicacións especializadas, protocolos de enfermería, sección de educación para a saúde, atlas de anatomía, dicionarios médicos e enlace a páxinas web recomendadas.
Como acceder a estes recursos?
O acceso é a través do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia. Aquí temos un acceso directo a estes recursos. Quen desexe coñecer toda a ruta para navegar desde o fogar é a seguinte:
Rede de Bibliotecas de Galicia>Biblioteca Dixital>Recursos electrónicos: seleccionar o recurso desexado e entrar cos seguintes datos:
Escoller indistintamente a Biblioteca: Milladoiro ou Bertamiráns
Uusario: número de socio da biblioteca
Contrasinal: NIF (números, guión, letra: exemplo: 012345678-L)
Lembra que estes datos son necesarios para todos os recursos electrónicos excepto para a Prensa histórica dentro da Hemeroteca Dixital ao que pode acceder calquera usuario.
Problemas no acceso?
Todos os socios da Biblioteca foron incorporados automaticamente a este servizo. Se tes algún problema para acceder ponte en contacto coa biblioteca e resolveremos o problema de acceso.
domingo, 11 de maio de 2008
Actividades na biblioteca na Semana das letras galegas
- Luns 12 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro (de 8 a 12 anos)
- Martes 13 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns (de 8 a 12 anos)
- Mércores 14 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro (de 3 a 7 anos)
- Xoves 15 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns (de 3 a 7 anos)
Cine
- Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
- Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns
A película que se vai proxectar é O Bosque Animado, dirixida por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez. Produción galega de Digra Films do ano 2001.
Noticia en La Voz de Galicia
sexta-feira, 9 de maio de 2008
Enquisa do Servizo de Biblioteca
Esta é a primeira enquisa que realiza o servizo municipal para coñecer a opinión dos usuarios sobre o seu funcionamento coa finalidade de poder mellorar día a día os servizos prestados.
A enquisa composta por 18 preguntas permite dar a coñecer o tipo de usuario diario da biblioteca, o coñecemento e uso que fan da mesma, a valoración sobre os servizos e inclúe espazo para coñecer as propostas dos usuarios sobre os servizos actuais e propoñer melloras e oferta de novos servizos.
Modelo de enquisa
quarta-feira, 7 de maio de 2008
Celebración das Letras Galegas no Concello
Programa de Actividades das Letras Galegas 2008
- Xoves 8 de maio: Álvarez Blázquez na voz da xente. Representación no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20h.
- Venres 16 de maio: Desvaríos polo veraneo: Grupo de Teatro Municipal de Ames. Casa da Cultura do Milladoiro ás 21h.
- Sábado 17 de maio: Acto Literario Musical a cargo da Escola Municipal de Música e entrega de premios do V Certame Literario de Ames. Casa da Cultura do Milladoiro ás 17,30h.
- Domingo 18 de maio: Actuación de Fran Pérez e das corais do Milladoiro e Bertamiráns. Casa da Cultura de Bertamiráns ás 18,30h.
- Do xoves 15 ao xoves 22 de maio: Campaña de dinamización lingüística deseñada polo alumnado de 6º dos CP de Barouta e Bispo Guerra Campos. Casa da Cultura do Milladoiro
- Do xoves 15 ao venres 30: Vida e obra de Álvarez Blázquez. Casas da Cultura.
segunda-feira, 5 de maio de 2008
Letras Galegas 2008
Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), foi a persoa escollida para homenaxear nas Letras Galegas 2008.
Polígrafo galego que destacou como escritor pola súa obra poética, pero realizou o seu traballo intelectual en moitos campos entre o que destacou a recuperación de obras da lírica medieval; estudioso da historia e recuperador da memoria; e no mundo editorial como editor nas Edicións Castrelos e director de coleccións de recoñecido prestixio como O Moucho e Pombal que moitas persoas recordarán. Políticamente destacou no campo nacionalista militando no Partido Galeguista.
A Biografía á que se pode acceder na ligazón inicial foi preparada pola Real Academia Galega. Pódese consultar máis información sobre o autor nos seguintes lugares:
Praza das Letras
Biblioteca Virtual Galega
Na web do seu fillo Celso Álvarez Cáccamo
17 de maio
Galipedia: a wikipedia en galego
Desde a Biblioteca preparamos o seguinte dossier que se pode descargar para consulta.
quinta-feira, 1 de maio de 2008
Actividades de Animación á Lectura no mes de Maio
No mes de Maio contaremos coas seguintes actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil. Estas actividades realizaranse nas bibliotecas e nos locais sociais do concello.
Continuamos cos contos clásicos e populares que neste mes estarán centrados nos contos clásicos na nosa língua.
Calendario de actividades:
- Martes 6 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Augapesada
- Mércores 7 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Aldea Nova
- Venres 9 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Bugallido
- Luns 12 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro (de 8 a 12 anos)
- Martes 13 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns (de 8 a 12 anos)
- Mércores 14 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro (de 3 a 7 anos)
- Xoves 15 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns (de 3 a 7 anos)
- Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
- Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns
Noticia en La Voz de Galicia