segunda-feira, 26 de maio de 2008

Contacontos con Kalandraka










O xoves 29 de Maio teremos connosco a persoas da editorial Kalandraka que nos traerán contos con música.

A actividade de contacontos estará:
ás 17h. na Biblioteca de Bertamiráns
ás 18,30h. na Biblioteca do Milladoiro

sexta-feira, 16 de maio de 2008

Recursos electrónicos para os socios da Biblioteca

O 17 de Maio ademais do Día das Letras Galegas, celébrase tamén o Día de Internet. Desde a Biblioteca queremos comemorar esta data facilitando aos nosos usuarios o acceso a recursos electrónicos que poderán ser consultados desde calquera lugar.

A Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia facilita para os usuarios das Bibliotecas Públicas galegas unha serie de recursos electrónicos aos que se pode acceder desde o domicilio. Trátase principalmente de obras de referencia, e acceso á Hemeroteca e a libros electrónicos.

Estes son os recursos facilitados:


E-junior:
Enciclopedia electrónica dirixida aos escolares de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.




Enciclonet
: Extensa enciclopedia electrónica dirixida aos ciclos superiores de ensino e a adultos.




Hemeroteca dixital:
  • Iconoce: A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de noticias aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía...

  • Prensa histórica: Acceso libre a varias coleccións de prensa histórica dixitalizada. (neste caso non require contraseñas para acceder ao servizo).

Libros electrónicos:
Acceso a obras de referencia en formato electrónico sobre o Antigo Exipto, filosofía, música, relixión e saúde.


Ocenet Saber:
Especificamente feito para bibliotecas, con máis de 200.000 artigos en castelán. Ofrece información de referencia, artígos de revistas e publicacións especializadas, documentos históricos transcritos ou dixitalizados, clásicos literarios, imaxes, cartografía, atlas de anatomía, interactividades, enlaces de Internet e dicionarios.




Ocenet Salus:
Contidos sobre saúde, nutrición e educación en saúde. Ofrece obras de referencia médica, de nutrición, de coidado persoal e de medicinas alternativas, obras formativas, publicacións especializadas, protocolos de enfermería, sección de educación para a saúde, atlas de anatomía, dicionarios médicos e enlace a páxinas web recomendadas.




Como acceder a estes recursos?
O acceso é a través do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia. Aquí temos un acceso directo a estes recursos. Quen desexe coñecer toda a ruta para navegar desde o fogar é a seguinte:

Rede de Bibliotecas de Galicia>Biblioteca Dixital>Recursos electrónicos: seleccionar o recurso desexado e entrar cos seguintes datos:

Escoller indistintamente a Biblioteca: Milladoiro ou Bertamiráns
Uusario: número de socio da biblioteca
Contrasinal: NIF (números, guión, letra: exemplo: 012345678-L)

Lembra que estes datos son necesarios para todos os recursos electrónicos excepto para a Prensa histórica dentro da Hemeroteca Dixital ao que pode acceder calquera usuario.


Problemas no acceso?
Todos os socios da Biblioteca foron incorporados automaticamente a este servizo. Se tes algún problema para acceder ponte en contacto coa biblioteca e resolveremos o problema de acceso.

domingo, 11 de maio de 2008

Actividades na biblioteca na Semana das letras galegas

Actividades:
  • Luns 12 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro (de 8 a 12 anos)
  • Martes 13 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns (de 8 a 12 anos)
  • Mércores 14 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro (de 3 a 7 anos)
  • Xoves 15 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns (de 3 a 7 anos)

Cine
  • Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns

A película que se vai proxectar é O Bosque Animado, dirixida por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez. Produción galega de Digra Films do ano 2001.

Noticia en La Voz de Galicia

sexta-feira, 9 de maio de 2008

Enquisa do Servizo de Biblioteca

A Biblioteca municipal vai realizar na semana do 12 ao 16 de maio unha enquisa sobre a valoración do servizo.

Esta é a primeira enquisa que realiza o servizo municipal para coñecer a opinión dos usuarios sobre o seu funcionamento coa finalidade de poder mellorar día a día os servizos prestados.


A enquisa composta por 18 preguntas permite dar a coñecer o tipo de usuario diario da biblioteca, o coñecemento e uso que fan da mesma, a valoración sobre os servizos e inclúe espazo para coñecer as propostas dos usuarios sobre os servizos actuais e propoñer melloras e oferta de novos servizos.

Modelo de enquisa

quarta-feira, 7 de maio de 2008

Celebración das Letras Galegas no Concello











Programa de Actividades das Letras Galegas 2008

  • Xoves 8 de maio: Álvarez Blázquez na voz da xente. Representación no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20h.
  • Venres 16 de maio: Desvaríos polo veraneo: Grupo de Teatro Municipal de Ames. Casa da Cultura do Milladoiro ás 21h.
  • Sábado 17 de maio: Acto Literario Musical a cargo da Escola Municipal de Música e entrega de premios do V Certame Literario de Ames. Casa da Cultura do Milladoiro ás 17,30h.
  • Domingo 18 de maio: Actuación de Fran Pérez e das corais do Milladoiro e Bertamiráns. Casa da Cultura de Bertamiráns ás 18,30h.
Exposicións:
  • Do xoves 15 ao xoves 22 de maio: Campaña de dinamización lingüística deseñada polo alumnado de 6º dos CP de Barouta e Bispo Guerra Campos. Casa da Cultura do Milladoiro
  • Do xoves 15 ao venres 30: Vida e obra de Álvarez Blázquez. Casas da Cultura.

segunda-feira, 5 de maio de 2008

Letras Galegas 2008




Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), foi a persoa escollida para homenaxear nas Letras Galegas 2008.

Polígrafo galego que destacou como escritor pola súa obra poética, pero realizou o seu traballo intelectual en moitos campos entre o que destacou a recuperación de obras da lírica medieval; estudioso da historia e recuperador da memoria; e no mundo editorial como editor nas Edicións Castrelos e director de coleccións de recoñecido prestixio como O Moucho e Pombal que moitas persoas recordarán. Políticamente destacou no campo nacionalista militando no Partido Galeguista.

A Biografía á que se pode acceder na ligazón inicial foi preparada pola Real Academia Galega. Pódese consultar máis información sobre o autor nos seguintes lugares:
Praza das Letras
Biblioteca Virtual Galega
Na web do seu fillo Celso Álvarez Cáccamo
17 de maio
Galipedia: a wikipedia en galego


Desde a Biblioteca preparamos o seguinte dossier que se pode descargar para consulta.

quinta-feira, 1 de maio de 2008

Actividades de Animación á Lectura no mes de Maio




No mes de Maio contaremos coas seguintes actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil. Estas actividades realizaranse nas bibliotecas e nos locais sociais do concello.

Continuamos cos contos clásicos e populares que neste mes estarán centrados nos contos clásicos na nosa língua.

Calendario de actividades:

  • Martes 6 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Augapesada
  • Mércores 7 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Aldea Nova
  • Venres 9 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Bugallido
  • Luns 12 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro (de 8 a 12 anos)
  • Martes 13 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns (de 8 a 12 anos)
  • Mércores 14 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro (de 3 a 7 anos)
  • Xoves 15 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns (de 3 a 7 anos)
  • Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 16 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns
Noticia na web do Concello
Noticia en La Voz de Galicia